Sophie

Sophie

distrib > Mageia > 5 > i586 > media > core-release > by-pkgid > fe66d8aa98f36d1546e1e27f0aee7d8f > files > 362

kde-l10n-handbooks-gl-4.14.3-1.mga5.noarch.rpm

<sect1 id="ai-spiralgal">

<sect1info>
<author
><firstname
>Mike</firstname
> <surname
>Choatie</surname
> </author>
</sect1info>

<title
>Galaxias espirais</title>
<indexterm
><primary
>Galaxias espirais</primary>
</indexterm>

<para
>As galaxias espirais son coleccións enormes de miles de millóns de estrelas, a maiora das cais están aplanadas en forma de disco, cun bulto brillante e esférico de estrelas no centro. Dentro do disco hai tipicamente brazos nos que se atopan as estrelas máis novas e brillantes. Estes brazos parten do centro nunha estrutura espiral, o que lles dá a estas galaxias o seu nome. As galaxias espirais semellan un pouco furacáns ou auga escorrendo por un furado. Son algúns dos obxectos máis fermosos do ceo. </para>
<para
>As galaxias clasifícanse empregando un <quote
>diagrama de diapasón</quote
>. O extremo do diapasón clasifica as <link linkend="ai-ellipgal"
>galaxias elípticas</link
> nunha escala desde a máis arredondada, que é unha E0, ás que aparecen máis aplanadas, que se clasifican como E7. As <quote
>puntas</quote
> do diapasón é onde se clasifican os dous tipos de galaxias espirais: as espirais normais e as espirais <quote
>con barras</quote
>. Unha espiral con barras é aquela cuxo bulto central se estira nunha liña, polo que literalmente parece que ten unha <quote
>barra</quote
> de estrelas no centro. </para
><para
>Ambos os dous tipos de galaxias subclasifícanse de acordo coa prominencia do <quote
>bulto</quote
> central de estrelas, o brillo superficial xeral e o apretado dos brazos espirais. Estas características están relacionadas, de xeito que unha galaxia Sa ten un bulto central grande, un brillo superficial grande e brazos espirais apretados. Unha galaxia Sb ten un bulto menor, un disco máis tenue e brazos máis soltos que unha Sa, e así con Sc e Sd. As galaxias con barras empregan o mesmo esquema de clasificación, indicado polos tipos SBa, SBb, SBc e SBd. </para
><para
>Existe outra clase de galaxia chamada S0, que é morfoloxicamente un tipo de transciión entre as espirais verdadeiras e as elípticas. Os seus brazos espirais están tan apretados que resultan indistinguíbeis; as galaxias SO teñen discos dun brillo uniforme. Teñen tamén un bulto extremamente dominante. </para
><para
>A Vía Láctea, que é o fogar da Terra e de todas as estrelas do noso ceo, é unha galaxia espiral e pénsase que é unha espiral con barras. O nome <quote
>Vía Láctea</quote
> refírese a unha banda de estrelas moi ténues do ceo. Esta banda é o resultado de ollar o plano da nosa galaxia desde a nosa perspectiva dentro dela. </para
><para
>As galaxias espirais son entidades moi dinámicas. Son o berce de formación de estrelas e conteñen moitas estrelas novas nos seus discos. Os seus bultos centrais tenden a estaren compostos de estrelas máis vellas e os seus halos difusos compóñense das estrelas máis vellas do universo. A formación de estrelas é activa nos discos porque é alí onde o gas e o pó están máis concentrados. o gas e o pó son os bloques constituintes da formación das estrelas. </para
><para
>Os telescopios modernos teñen revelado que moitas galaxias espirais albergan furados negros supermasivos nos seus centros, con masas que exceden a de mil millóns de Soles. Sábese que tanto as galaxias elípticas como as espirais conteñen estes obxectos exóticos; de feito, moitos astrónomos pensan agora que <emphasis
>todas</emphasis
> as galaxias grandes conteñen un furado negro supermasivo no seu núcleo. Sábese que a nosa propia Vía Láctea alberga un furado negro no seu núcleo cunha masa millóns de veces maior do que a masa dunha estrela. </para>

<tip>
<para
>Existen moitos exemplos lindos de galaxias espirais que se poden atopar no &kstars; e moitas teñen fermosas imaxes disponíbeis no seu <link linkend="popup-menu"
>menú emerxente</link
>. Pódense atopar empregando a xanela <link linkend="findobjects"
>Procurar un obxecto</link
>. Velaquí unha lista dalgunhas galaxias espirais con imaxes bonitas disponíbeis: <itemizedlist>
<listitem
><para
>M 64, a Galaxia Ollo Negro (tipo Sa)</para
></listitem>
<listitem
><para
>M 31, a Galaxia de Andrómeda (tipo Sb)</para
></listitem>
<listitem
><para
>M 81, Galaxia de Bode (tipo Sb)</para
></listitem>
<listitem
><para
>M 51, a Galaxia Remuíño (tipo Sc)</para
></listitem>
<listitem
><para
>NGC 300 (tipo Sd) [emprega a ligazón á imaxe DSS]</para
></listitem>
<listitem
><para
>M 83 (tipo SBa)</para
></listitem>
<listitem
><para
>NGC 1530 (tipo SBb)</para
></listitem>
<listitem
><para
>NGC 1073 (tipo SBc)</para
></listitem>
</itemizedlist>
</para>
</tip>
</sect1>