Sophie

Sophie

distrib > Mageia > 5 > i586 > media > core-release > by-pkgid > fe66d8aa98f36d1546e1e27f0aee7d8f > files > 359

kde-l10n-handbooks-gl-4.14.3-1.mga5.noarch.rpm

<sect1 id="ai-sidereal">
<sect1info>
<author
><firstname
>Jason</firstname
> <surname
>Harris</surname
> </author>
</sect1info>
<title
>Hora sidérea</title>
<indexterm
><primary
>Hora sidérea</primary>
<seealso
>Ángulo horario</seealso>
</indexterm>
<para
>A <firstterm
>hora sidérea</firstterm
> significa literalmente <quote
>hora das estrelas</quote
>. A hora que estamos afeitos a empregar na nosa vida cotidiá é a hora solar. A unidade fundamental da hora solar é un <firstterm
>día</firstterm
>: o tempo que lle leva ao Sol viaxar 360 graos arredor do ceo debido á rotación da Terra. As unidades menores da hora solar son simplemente divisións dun día: </para
><para>
<itemizedlist>
<listitem
><para
>1/24 día = 1 hora</para
></listitem>
<listitem
><para
>1/60 hora = 1 minuto</para
></listitem>
<listitem
><para
>1/60 minuto = 1 segundo</para
></listitem>
</itemizedlist>
</para
><para
>Porén, hai un problema coa hora solar. Na verdade, a Terra non xira 360 graos nun día solar. A Terra está en órbita arredor do sol e, no curso dun día, móvese aproximadamente un grao na súa órbita (360 graos/365,25 días para unha órbita completa = arredor dun grao por día). Polo tanto, en 24 horas a dirección cara o Sol muda en arredor dun grao. En consecuencia, a Terra ten que xirar 361 graos para facer que Sol semelle ter viaxado 360 graos arredor do ceo. </para
><para
>Na astronomía preocúpanos canto lle leva á Terra xirar en relación ás estrelas <quote
>fixas</quote
>, non ao Sol. Por iso, gostaríamos dunha escala temporal que eliminase a complicación da órbita da Terra arredor do Sol e se centrase simplemente en canto lle leva á Terra xirar 360 graos en relación ás estrelas. Este período de rotación chámase <firstterm
>día sidéreo</firstterm
>. Como media, é 4 minutos máis curto que un día solar debido ao grao extra que a Terra xira nun día solar. No canto de definir un día sidéreo como 23 horas e 56 minutos, definimos horas, minutos e segundos sidéreos que son a mesma fracción dun día que os seus correspondentes solares. Polo tanto, un segundo solar = 1,00278 segundos sidéreos. </para
><para
>A hora sidérea é útil para determinar onde están as estrelas a calquera hora dada. O tempo sidéreo divide unha rotación completa da Terra en 24 horas sidéreas; de maneira semellante, o mapa do ceo divídese en 24 horas de <firstterm
>ascensión recta</firstterm
>. Isto non é unha coincidencia; a hora sidérea local (<acronym
>LST</acronym
>) indica a ascensión recta no ceo que está a cruzar actualmente o <link linkend="ai-meridian"
>meridiano local</link
>. Polo tanto, se unha estrela ten unha ascensión recta de 05h 32m 24s, estará no teu meridiano ás LST=05:32:24. De xeito máis xeral, a diferenza entre a <acronym
>AR</acronym
> e a hora sidérea local diche a que distancia está o obxecto do meridiano. Por exemplo, o mesmo obxecto ás LST=06:32:24 (unha hora sidérea máis tarde) estará unha hora de ascensión recta ao oeste do teu meridiano, o que son 15 graos. Esta distancia angular desde o meridiano coñécese como <link linkend="ai-hourangle"
>ángulo horario</link
> do obxecto. </para>
<tip>
<para
>O &kstars; mostra a hora sidérea local na <guilabel
>Caixa de información horaria</guilabel
> coa lenda <quote
>ST</quote
> (hai que <quote
>desocultar</quote
> a caixa preméndoa dúas veces para ver a hora sidérea). Lembra que os segundos sidéreos que cambian non se sincronizan cos segundos da hora local e da hora universal que cambian. De feito, se ollas para os reloxos durante un pouco percibirás que os segundos sidéreos son un pouco máis curtos que os segundos LT e UT. </para
><para
>Apunta para o <link linkend="ai-zenith"
>cénit</link
> (preme <keycap
>Z</keycap
> ou selecciona <guimenuitem
>cénit</guimenuitem
> no menú <guimenu
>Localización</guimenu
>. O cénit é o punto do ceo que se ve cando se mira xusto <quote
>para riba</quote
> desde o solo e é un pundo do teu <link linkend="ai-meridian"
>meridiano local</link
>. Observa a ascensión recta do cénit: é exactamente a mesma que a hora sidérea local. </para>
</tip>
</sect1>