<sect1 id="ai-horizon"> <sect1info> <author ><firstname >Jason</firstname > <surname >Harris</surname > </author> </sect1info> <title >O horizonte</title> <indexterm ><primary >Horizonte</primary> <seealso >Coordenadas horizontais</seealso> </indexterm> <para >O <firstterm >horizonte</firstterm > é a liña que separa a Terra do ceo. Con máis precisión, é a liña que divide todas as direccións ás que se pode mirar en dúas categorías: as que interseccionan coa Terra e as que non. En moitos lugares o horizonte está obscurecido por árbores, edificios, montañas, &etc;. Porén, nun barco no mar o horizonte é tremendamente claro. </para ><para >O horizonte é o <firstterm >plano fundamental</firstterm > do <link linkend="horizontal" >Sistema de coordenadas horizontais</link >. Noutras palabras, é o lugar xeométrico dos puntos que teñen unha <firstterm >altura</firstterm > de cero graos. </para> </sect1>