Sophie

Sophie

distrib > Mageia > 5 > i586 > media > core-release > by-pkgid > fe66d8aa98f36d1546e1e27f0aee7d8f > files > 333

kde-l10n-handbooks-gl-4.14.3-1.mga5.noarch.rpm

<sect1 id="ai-ellipgal">
<sect1info>
<author
><firstname
>Jasem</firstname
> <surname
>Mutlaq</surname
> <affiliation
><address>
</address
></affiliation>
</author>
</sect1info>

<title
>Galaxias elípticas</title>
<indexterm
><primary
>Galaxias elípticas</primary>
</indexterm>

<para
>As galaxias elípticas son concentracións esferoidais de miles de millóns de estrelas que semellan clústers globulares a grande escala. Teñen moi pouca estrutura interna; a densidade das estrelas declina suavemente desde o concentrado centro até o difuso bordo e poden ter unha gran variedade de elipticidades (ou relacións de aspecto). Tipicamente conteñen moi pouco gas ou pó interestelar e ningunha poboación de estrelas xoves (ainda que hai excepcións a estas regras). Edwin Hubble referíase ás galaxias elípticas como galaxias de <quote
>tipo temperán </quote
> porque pensaba que evoluían até convertérense en galaxias espirais (ás que chamaba galaxias <quote
>tipo serodio</quote
>. Na actualidade, os astrónomos pensan que o certo é o contrario (&ie;, que as galaxias espirais pódense tornar galaxias elípticas), mais as denominacións de galaxias temperás e galaxias serodias de Hubble ainda se utiliza. </para>

<para
>Ainda que antes se pensaba que eran un tipo de galaxia simple, agora sábese que as elípticas son obxectos bastante complexos. Parte desta complexidade débese á súa asombrosa historia: pénsase que as elípticas son o produto final da fusión de dúas galaxias espirais. Pódese ver unha simulación informática nunha película MPEG desta fusión <ulink url="http://oposite.stsci.edu/pubinfo/pr/2002/11/vid/v0211d3.mpg"
>nesta páxina web da NASA HST</ulink
> (advertencia: o ficheiro ten 3,4 MB). </para>

<para
>As galaxias elípticas inclúen unha gama moi ampla de tamaños e luminosidades, desde as elípticas xigantes de centos de milleiros de anos luz de comprimento e case un billón de veces máis brillantes que o sol, até as elípticas ananas, apenas un pouco máis brillantes que o clúster globular medio. Divídense en varias clases morfolóxicas: </para>

<variablelist>
<varlistentry>
<term
>Galaxias cD:</term>
<listitem
><para
>Obxectos inmensos e brillantes que poden medir case 1 Megaparsec (3 millóns de anos luz) de comprimento). Estes titáns só se atopan perto do centro de clústers grandes e densos de galaxias e son probabelmente o resultado da fusión de moitas galaxias.</para
></listitem>
</varlistentry>

<varlistentry>
<term
>Galaxias elípticas normais</term>
<listitem
><para
>Obxectos condensados con brillo superficial central relativamente alto. Inclúen as elípticas xigantes (gE), as elípticas de luminosidade intermedia (E) e as elípticas compactas.</para
></listitem>
</varlistentry>

<varlistentry>
<term
>Galaxias elípticas ananas (dE)</term>
<listitem
><para
>Esta clase de galaxias é fundamentalmente diferente das elípticas normais. Os seus diámetros teñen da orde de 1 a 10 kiloparsec, cun brillo superficial moito menor do que as elípticas normais, o que lles dá unha aparencia moito máis difusa. Mostran o mesmo declive de densidade estelar gradual característicos desde un núcleo relativamente denso a unha periferia difusa.</para
></listitem>
</varlistentry>

<varlistentry>
<term
>Galaxias esferoidais ananas (dSph)</term>
<listitem
><para
>Luminosidade extremadamente tenue, baixo brillo superficial e só se teñen observado na viciñanza da Vía Láctea e posibelmente outros grupos de galaxias moi próximos, como o grupo de Leo. As súas magnitudes absolutas son de só -8 a -15 mag. A galaxia esferoidal anana de Draco ten unha magnitude absoluta de 8,6, o que a fai máis tenue que o clúster globular medio da Vía Láctea! </para
></listitem>
</varlistentry>

<varlistentry>
<term
>Galaxias ananas compactas azuis (BCD)</term>
<listitem>
<para
>Galaxias pequenas que son extraordinariamente azuis. Teñen cores fotométricas de B-V = 0,0 a 0,30 mag, o que é típico de estrelas relativamente xoves do <firstterm
>tipo espectral</firstterm
> A. Isto suxire que as BCD están actualmente formando estrelas activamente. Estes sistemas teñen tamén abondoso gas interestelar (ao contrario das demais galaxias elípticas). </para
></listitem>
</varlistentry>
</variablelist>

<tip>
<para
>Pódense ver exemplos de galaxias elípticas no &kstars; utilizando a xanela Procurar un obxecto (<keycombo action="simul"
>&Ctrl;<keycap
>F</keycap
></keycombo
>). Procura a NGC 4881, que é a galaxia xigante cD do clúster de galaxias de Coma. M 86 é unha galaxia elíptica normal do clúster de galaxias de Virgo. M 32 é unha elíptica anana que é un satélite da nosa viciña, a Galaxia de Andrómeda (M 31). M 110 é outro satélite da M 31 que é unha galaxia esferoidal anana raiana (<quote
>raiana</quote
> porque é algo máis brillante do que a maioría das outras esferoidais ananas). </para>
</tip>
</sect1>